domingo, 28 de maio de 2017

Debuxa e crea coma os grandes artistas


Este traballo está realizado por alumnado de reforzo de primaria para fomentar a súa creatividade. 

Está basado no libro de Marion Deuchars, descubrindo novas formas de crear arte mediante técnicas inxeniosas, interactivas e inspiradoras. 

xoves, 18 de maio de 2017

DÍA DOS MUSEOS 2017

Visitas virtuais dos Museos

Sitio web que permite enlazar con novos recursos virtuais dos museos da Subdirección Xeral de Museos Estatais: Visitas virtuais e vídeos con percorridos polos seus diferentes espazos. 

luns, 3 de abril de 2017

17 de maio Día das Letras Galegas 2017


(Preme a imaxe para ver o enlace)

Xa están a vosa disposición os materiais das Letras Galegas, 2017 para infantil e primaria. 
Poderedes atopar actividades interactivas sobre Carlos Casares, actividades, carteis e cuestionario, díptico, marcapáxinas, biografía, fotos, biografías en lingua de signos...


2 de abril o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

"Rompamos xuntos barreiras polo autismo. Fagamos unha sociedade accesible" é o tema elixido este ano 2017 para celebrar o 2 de abril o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.

As persoas con autismo enfróntanse a numerosas barreiras á hora de gozar dos seus dereitos fundamentais e de formar parte plenamente da comunidade.



As barreiras ás que se enfrontan varían en función de cada individuo e das súas necesidades específicas. É moi importante que a sociedade entenda cales son esas barreiras porque iso permitirá unha mellor adaptación ás súas necesidades e reforzará a inclusión destas persoas en todos os ámbitos da sociedade.
Mostra o teu apoio ás persoas con TEA e ROMPE BARREIRAS POLO AUTISMO para poder facer unha sociedade inclusiva e accesible para TODOS.