martes, 26 de abril de 2016

AHÍ VEN O MAIO

UNIDADE DIDÁCTICA

A Festa dos Maios, naceu na prehistoria cando os primeiros homes se preguntaban sobre esa forza renovadora que cada ano , tras a época das chuvias e o frío facía abrota-la semente e revestía os campos de variadas cores. Nunha sociedade neolítica a dependencia do ciclo regular das estacións, da forza da natureza provocan o nacemento do culto   a "deidades" do mundo vexetal coma ás árbores. Debíalles sorprender a aqueles homes a coincidencia da estación primaveral coa fecundidade animal que non tardaron en relacionar, tamén, coa fertilidade da especie humana; de aí nacerá o culto á fecundidade e ós amuletos máxicos.

 Máis información en Festa dos maios na Galipedia 


A tradición ancestral dos maios humanos ou da Festa do Maio de Vilafranca é un costume que con ser moi común hai 100 anos en Galicia hoxe só se conserva nos seus lindes culturais, no Bierzo

venres, 15 de abril de 2016

RECURSOS PARA O DÍA DO LIBRO


PREME A IMAXE E ATOPARÁS RECURSOS PARA INFANTIL E PRIMARIA

Novo videoconto da Familia Trebón (Planeta Verde): Un agasallo para as hortas



Xa tedes á vosa disposición o novo videoconto de serie ?Planeta Verde?, que
leva por título ?Un agasallo para as hortas?.

Anselmo Trebón recibe un premio especial: un recipiente para elaborar
compost na súa propia vivenda e contribuír, dunha forma ecolóxica, á
reciclaxe dos restos orgánicos en orixe. Pero non todo é compostable, polo
que resulta necesario informarse previamente sobre os refugallos que poden e
non poden ser depositados no composteiro. 

martes, 5 de abril de 2016

domingo, 3 de abril de 2016

MAPA DE SONS DA NATUREZA


MAPA DE SONS DA NATUREZA
Que ruído fan os paxaros na sabana africana, que pode escoitarse nalgún lugar de Australia na outra punta do planeta, como soa o mar ao norte nas costas suecas… Estos e moitos outros sons podemos peneiralos neste novo proxecto de Google.
O Nature Sound Map achega un feixe de sons da natureza en todo o planeta. Gravacións de animais e de fenómenos naturais para explorar o mundo a través dos oídos.

Cadernos en galego

Cadernos en galego para infantil e primaria 


CADERNO VERDE:

Educación infantil
1º e 2º de primaria
3º e 4º de primaria
5º e 6º de primaria

Recursos día da poesía

Poesía

Recursos da primavera

A primavera