venres, 10 de febreiro de 2017

Radio Abrente 2º trimestre (Primaria+ESO)


Neste programa participan alumnado de toda a primaria e máis da ESO. Trátase dun programa especial dedicado a nosa lingua galega. Queremos informar sobre a situación de risco que sofre, as causas e consecuencias. O mesmo tempo animar a profesorado, alumnado e familias a falar na lingua de Rosalía de Castro e mantela viva entre todos.


- 1º de primaria cantan "O Mercado" de María Fumasa.
- 2º de primaria din palabras bonitas en galego.
- 3º de primaria refráns e frases con retranca.
- 4º e 5º de primaria, frases para animar a falar a nosa lingua, eslogans.
- 6º rap da lingua.
- 1º da ESO, poema.
- 2º da ESO, poema.
- 3º da ESO, entrevista a Laura Sáez, da editorial Patas de Peixe.
- 3º e 4º da ESO, presentan o programa cunha reflexión sobre o galego.



Ningún comentario:

Publicar un comentario