domingo, 26 de novembro de 2017

CÁLCULO MENTAL


         O cálculo mental é moi importante para ter a nosa mente en forma. Multitude de actos cotidianos precisan pór en marcha a nosa mente para realizar cálculos dun xeito rápido e preciso. Por iso hoxe imos traballar o cálculo mental.
     
         Preme na imaxe e  PON EN FORMA A TÚA MENTE!


xoves, 16 de novembro de 2017

COMPRENSIÓN LECTORA


Tanto a velocidade como a comprensión lectora adecuadas son prerrquisitos básicos para un bo estudo, sobre todo a medida que os cursos avanzan e a cantidade de materia a estudar aumenta.

            Imos practicar un pouco cos seguintes xogos online.

            Preme nas imaxes para xogar. 









         

sábado, 11 de novembro de 2017

TRABALLAMOS A ATENCIÓN


       A través da atención, a nosa mente pode centrarse nun estímulo de entre todos os que hai ao noso redor. Coa concentración mantemos a atención focalizada sobre un punto de interese, durante un tempo necesario para levar a cabo unha actividade.

-Conselliños para favorecer a atención e concentración:

    *Evitar distracións: Prescindir de todo aquelo que poida distraer a nosa atención.
    *Diversificar as tarefas: Cambiar de materia de estudo cada certo tempo.
    *Crear rutinas e hábitos de estudo: Comezar a mesa hora e no mesmo lugar todos os días.
    *Marcar tempos: Establecer un tempo concreto para cada actividade, e realizalo no tempo marcado.
    *Organizar as actividades: Debemos facer as actividades con máis dificultade cando máis atención prestamos.
    *Descansar: É moi importante ter descansos, para que a nosa atención mellore.

         Ademáis destes consellos podes traballar a túa atención mediante moitos xogos. Preme na AQUÍ  para poder facer diferentes xogos e traballar a túa atención.

domingo, 5 de novembro de 2017

ESPAZO DE LECTURA NA CASA








Esta semana, cos alumnos de 1º de Educación Primaria, colocamos un espazo lector dentro da aula. Deixamos aquí a idea co fin de que a poñades en práctica na casa.

Como podedes ver, consiste nunha cartolina con rolos nos que introducimos contos, adiviñas, noticias, cancións...

Tamén temos a "Leo" a nosa mascota lectora, (máis abaixo deixamos un tutorial para que podades facer un na vosa casa). Se non se vos ocorre un nome... avisade! na clase temos moitas ideas orixinais. 






Os materiais que necesitades son:
-Cartolinas de diferentes cores.
-Papeis decorados, ou folios nos que debuxedes obras de arte.
-Pegamento e tesoiras.
-Contos: podedes empregar os contos que deixamos en entradas anteriores deste blog.