domingo, 15 de abril de 2018

DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

              O Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) fai referencia a un conxunto amplo de condicións que afectan ao neurodesenrolo e ao funcionamento cerebral. Trastorno no que a pesares dos avances das últimas décadas que determinaron varias claves fundamentais sobre o mesmo, o seu orixe segue sendo un misterio. Ademais, o autismo conta coa dificultade engadida de que cada persoa é diferente, de que cada individuo posúe características propias. 
              Con motivo do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, que se celebra cada 2 de Abril, o Departamento de Orientación do Colexio Abrente coa colaboración do alumnado do centro “pasou a palabra polo Autismo”, xogando ao popular xogo televisivo “Pasapalabra”.


“Rompamos xuntos as barreiras polo autismo. Fagamos unha sociedade máis accesible.”  
 


                                                         Preme na imaxe para ver o video.

                                                 

Ningún comentario:

Publicar un comentario